Gastronomía

  • Que está a pasar en Lugo?

    Lugo é a capital da provincia con menos presenza nas principais guías gastronómicas e, ao mesmo tempo, a cidade do “Para comer, Lugo”, unha frase desas, como o Galicia Calidade, que saíron do promocional para acabar por callar no imaxinario colectivo. Gústannos as contradicións, así que imos para alá, a analizar sobre o terreo que está a acontecer nesta gastronomía tan interesante como aparentemente pouco visible que os prescritores aínda non detectaron pero que fai da cidade un destino de primeiro nivel en termos de cociña e produto. 

    Gastronomía
  • Ao norte do norte: máis alá do Trópico de Mondoñedo

    As comarcas setentrionais da Coruña e Lugo foron quen de manter unha identidade gastronómica propia que tamén no ámbito contemporáneo está a desenvolver propostas e formatos diferentes. Percorremos desta vez manxares e lugares que dan forma a unha oferta diferenciada non como resposta a unha demanda do turismo ou dunha nova clientela senón como a vontade de manter viva a súa esencia, algo que continúa a ser un dos seus principais, e desde logo o máis saboroso, dos seus sinais de identidade.

    Gastronomía
  • Que está a pasar na Mariña?

    A Mariña atravesa un momento crucial en termos turísticos e gastronómicos. Coa (perigosa) etiqueta de refuxio climático sobrevoando todas as conversas, dá a sensación de que a comarca está nun momento crucial ao que chega en pleno proceso de transformación. 

    Gastronomía
  • Que está a pasar na Costa da Morte?

    Un itinerario polos diferentes territorios desta comarca costeira para indagar no seu presente gastronómico, nas transformacións que está a atravesar e en como, nas súas mesas, conviven a tradición cunha ollada posta no futuro. 

    Gastronomía
  • Que está a pasar en Ourense?

    Tanto a cidade como a provincia de Ourense están a amosar nestes últimos anos un potencial gastronómico inédito e sorprendente. Percorremos a súa nova oferta para entender este fenómeno. 

    Gastronomía
  • Das churrascarías á pizza galega. Os anos nos que a nosa cociña descubriu mundo

    Non podemos entender a cociña galega contemporánea sen churrascarías, sen bares, cafés e casas de comidas con nomes como Basilea, Lanús, Maracay, La Bombonera, Alte Frankfurt, Bristol ou Lausanne inzando cruces de estradas e centros de vilas. 

    Hai corenta anos a modernidade gastronómica chegaba ás nosas terras das man dos retornados que abrían as primeiras pizzarías e hamburgueserías do país, ás que logo se sumarían mexicanos peruanos ou indonesios con formatos gastronómicos tan descoñecidos como exitosos.

    Gastronomía
  • Os novos chefs galegos regresan á casa

    Logo de viviren dúas crises, unha nova xeración de cociñeiras e cociñeiros está repoboando Galicia. Formáronse nalgúns dos mellores restaurantes do mundo e agora volven ás súas vilas de orixe para emprender pequenos negocios que dinamizan a contorna máis próxima. 

    Aquí atopan oportunidades no crecente turismo pero tamén nunha nova xeración de consumidores que buscan ocio e gastronomía de calidade sen ter que ir ás cidades. E unha calidade de vida que lles permite manter negocios pequenos, ter familia, reconectar coas orixes e mirar o futuro con optimismo. 

    Gastronomía