Os mellores soños que a xente compartiu en Twitter en 2019

© Twitter

Rematamos o ano volvendo recompilar os soños máis tolos ou curiosos que as usuarias e usuarios de Twitter en galego compartiron durante este ano. Non foi nada fácil: a busca “soñei que” nesta rede devólvenos centos de soños, a cal máis revirado. Desde clásicos como a caída de dentes , soñar co ‘crush’ ou recibir avisos de USC Notas, ata visitas de persoeiros como Bad Gyal, Billie Eilish, James Rodhes ou Albert Rivera. Aquí vai unha selección, por orde cronolóxica. Seguide soñando en 2020.

O que soñastes en 2018

  • Vinte soños que a xente contou en Twitter

    Soñar é de balde e usar Twitter tamén. Hai xente que segundo acorda o primeiro que fai é poñelo nas redes sociais, ás veces só para non esquecer o soño, outras veces porque o surrealismo é algo que paga a pena compartir. No último día do ano mergullámonos no subconsciente da mocidade galega para traervos esta escolma dos mellores soños que a xente compartiu durante este 2018. 

    Rede

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.