Sila Lúa presenta 'De balde', un novo tema que adapta o poema de Rosalía de Castro

Nacida en Vigo no 97, criada en Madrid e afincada en Londres, Sila Lúa fai música electrónica urbana que nos recorda a Rosalía, Beyoncé ou St. Vincent. Acaba de presentar o seu novo single e videoclip, que adapta o poema 'De balde' de Rosalía de Castro: 

Cando me poñan o hábito,
si é que o levo;
cando me metan na caixa,
se é que a teño;
cando o responso me canten,
si hai con que pagarlle ós cregos,
e cando dentro da cova…
Que inda me leve San Pedro
se só ó pensalo non río
con unha risa dos deños!
Que enterrar, han de enterrarme
anque non lles den diñeiro!

Créditos

Videoclip do tema 'De balde' interpretado por Sila Lua. ©Altafonte 2020. Dirixido por Megg Wilford. 

Podes escoitar o tema en https://links.altafonte.com/silaluadebalde

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.