"Retortoiro": o regreso de Carlos Ordóñez

O vigués Carlos Ordóñez, prolífico músico da vangarda electrónica underground dos 90 e principios do 2000 (Prozack, Gauss, Grado 33), regresa cun novo traballo discográfico que verá a luz os próximos meses da man de Ferror Records, e do que xa temos un adianto, con videoclip incluído. O tema chámase "Retortoiro" e fala dun lugar do mesmo nome, na parroquia de Loureiro en Cotobade, que lle serve ao músico de refuxio vital e creativo. A partir del o realizador Juan Lesta creou unha peza audiovisual chea de maxia, beleza e misterio. 

Créditos

Tema musical: Retortoiro, de Carlos Ordoñez (Ferror Records) 

Dirección: Juan Lesta 

Produción: Juan Lesta 

Imaxe: Juan Lesta 

Edición e posprodución: Juan Lesta

Tamén che interesa

  • Grado33. Un clásico do tecnopop galego na última serie de culto da HBO

    No ano 2002 o vigués Carlos Ordóñez, pioneiro da eletrónica en Galicia máis coñecido como Prozack, lanzaba co seu novo proxecto Grado33 un disco de punk-pop chamado ‘Ya se oculta el sol’. 17 anos despois o interese polas súas cancións revive no continente americano grazas á banda sonora de ‘Los Espookys’, a primeira serie en español que produce a HBO. 

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.