'Nós contra nós': un videoclip de Esposa feito por adolescentes

Este tema de Esposa saíu no EP que sacaron este ano, 'Belo horizonte' e no recompilatorio Galician Bizarre 3. Agora ten un videoclip que asina Raquel Espiñeira, unha rapaza de 15 anos. «A nós gustounos moito, vímonos moi reflexados como nesta versión adolescente de nós (igual tampouco deixamos de selo de todo)», comentan en Esposa antes de pasarnos o texto de presentación que fixo a directora: 

É moi random que unha adolescente incomprendida polo mundo faga un videoclip, e máis cando non ten nin idea de nada, pois isa rapaza son eu.
Chámome Raquel Espiñeira e teño quince anos.
Nunca entenderei como o mundo deu tantas voltas para que eu acabara facendo un videoclip para Esposa.
Considérome unha rapaza diferente das rapazas de agora. Gústame a música antiga, as pelis antigas e todo o que sexa raro ou diferente. Aburrenme as cousas típicas ou con pouca orixinalidade.
No meu primer proxecto paseino xenial, todos os procesos fixennos con toda a ilusión do mundo.
Pero todo isto non seria posible sen a axuda dos meus compañeiros de vida, Raúl, Andrea e Irea que me axudaron a quitar toda esa ilusión que tiña dentro para plasmala nun video.
E por suposto a Mar, por ser a mellor profe do mundo e por ver e descubrir unha faceta nova que aínda nin eu a coñecía.
Sen demorarme máis espero que vos guste e que disfrutedes como disfrutei eu.

Créditos

Realizado por Raquel Espiñeira (IG: @r.espineira) Interpretado por Raúl Señoráns e Andrea Hermida Axudante de realización: Irea Graña "Nós contra nós" aparece no EP 'Belo Horizonte'. A canción foi gravada, mesturada e masterizada por Bobby G. na Susana, no Montealegre e en Pinos Baja, e apareceu orixinalmente no recopilatorio 'Galician Bizarre 3'.

Máis videoclips

  • Néboa presenta o seu novo videoclip poñéndolle música a Valente

    O quinteto 'Néboa' avanza o seu primeiro LP, que sairá a finais deste ano, con "Valente (folión)", un tema de ecos místicos e minimalistas que desde o pop alternativo traza unha liña entre o folk galego e as marimbas africanas. Todo isto, poñéndolle música a versos do falecido poeta ourensán José Ángel Valente. Na nota de lanzamento falan do elo perdido entre Radiohead, Vainica Doble e a música tradicional galega: xulguemos se é así mentres nos deixamos hipnotizar pole música e pola danza da actriz Mariña López Varela neste videoclip que dirixe Adras M. Cedrón.

  • A Ukestra do Medio presenta o videoclip de 'Enchoupado de amor'

    A Ukestra do Medio lanza o terceiro tema do disco Outras Lérias en formato audiovisual cun videoclip no que confían outra vez no director Aarón Vilariño. "Enchoupado de Amor" é unha música de onda surf intimista que fala «de umha relaçom sincopada e de decisons viscerais e precipitadas. Como todas as histórias de amor, é capaz de estar baseada em feitos reais». O vídeo foi gravado no Concello de Valdoviño e maioritariamente no lugar e na surfeira praia de Pantín. 

  • "Fórmula". Presentamos en primicia o novo videoclip de Peña

    Nos tempos da alta definición, o individual e as presas, Peña publican este vídeo repousado, colectivo e gravado cos seus teléfonos e os de moita xente achegada. Peña é un proxecto conformado por Toño Magariños (diola, Unicornibot), Rubén Abad (Cró!, Trilitrate) e Elena Vázquez (Trilitrate). Estes tres músicos do sur de Galicia experimentan coas tradicións do pop, o folk e a música electrónica para perfilar un proxecto que xira en torno ao amor en todas as súas formas. O seu primeiro EP contén 3 cancións e distribúe nunha edición limitada en casete. Poderedes escoitalo nas redes a partir do 17 de xullo.

    Música
  • Así é 'Ninja', o primeiro videoclip de Malraio

    "O temor ao que nos enfrontamos é unha ficción. As noticias din que non estamos asegurados. Que non hai blindaxe que suavice o de estar acompañados". Así empeza Ninja, o primeiro single extraído do LP Demo, no que Malraio presenta oito cancións en galego que camiñan entre o pop pantanoso e post hardcore. Trátase do primeiro LP desta banda formada por catro músicos coñecidos da escena compostelá. Conquistáronnos xa co seu EP Prótese (Estudios A Ponte, 2017), e sobre todo co seu potente directo.

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.