"Muller, interior". Cando o cinema nos (des)confinou a nosoutras

Este traballo de Lara Bacelo é o gañador do V Premio María Luz Morales na categoría de Videoensaio sobre audiovisual internacional. Unha peza de dez minutos da que o xurado valorou «a súa capacidade expresiva na montaxe xerando novos significados na asociación de imaxes e sons seleccionados dunha vintena de filmes autorais relacionados pola idea da muller pechada no espazo interior» e a «facultade para formular un diálogo entre escenas de películas moi pertinentes, trazando unha viaxe psicolóxica e emocional moi ben executada, editada con precisión, que logra unha experiencia cinematográfica catártica». Estamos moi de acordo.

 

Os Premios María Luz Morales convócaos a Academia Galega do Audiovisual para promover a investigación sobre o audiovisual tanto con artigos escritos como con obras de vídeo ensaio. Neste formato a categoría sobre audiovisual galego quedou deserta, mais houbo un accésit para a categoría de videoensaio sobre audiovisual internacional para a peza de Igor Fernández "As mans de Buñuel" (ver vídeo). No apartado de ensaio escrito, o mellor traballo sobre audiovisual galego foi de Manuel Barreiro, co título "Hai alguén aí? O reto das novas plataformas e o futuro dos nosos medios públicos" (ler artigo), e o mellor sobre audiovisual internacional foi de Iván Villarmea, co título "Barcos ao garete. Formas de esperanza radical no cinema da austeridade" (ler artigo), cun accésit para Severiano Casalderrey por "O activismo en forma de cinema: «Challenge for Change/Société nouvelle» (1967-80)" (ler artigo). 

Créditos

Autora: Lara Bacelo. V Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual (edición 2021). (Web)

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.