"Fedes a faiado". Os Vacalouras fanlle unha oda á crise existencial da xeración Xabarín.

Presentámosvos en primicia o videoclip do novo single de Os Vacalouras, "Fedes a faiado", adianto do seu próximo disco, 'Xuventude Prexubilada', que a banda de Teis vai estrear en novembro. A peza está realizada conxuntamente entre Noemi Parga, Victor Rivas e a cineasta Anxos Fazáns, que protagoniza tamén o vídeo. Defíneno como «un retrato cheo de humor auto-irónico filmado cunha cámara de Hi8. A canción e o video falan da crise dos trinta, de como cada vez hai menos ganas de saír e quedamos atrapados e sós na casa, algo que agora cos peches e as corentenas está a cobrar aínda máis significado. Todo isto enchoupado en grandes doses de humor histriónico, son punk e balbordo visual.»

Créditos

Videoclip realizado por Anxos Fazáns, Noemi Parga e Charles Rapante

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.