Café Derby 21. Xosé A. Touriñán, viaxar para comer e as marionetas perdidas

Case se podería afirmar que hai algo común a todas as persoas: o gusto polo bo comer. E, do mesmo xeito, afirmaríase que nalgún momento todo ser humano se cruzou cun documental ou programa de viaxes que amosaba outra cara dun lugar, outros monumentos para visitar. E no punto medio de ambas cuestións atópanse eses formatos que combinan ambas realidades: o viaxar para comer.

Sobre isto falamos esta semana co actor e cómico Xosé A. Touriñán, que vén de presentar xunto a Marta Hazas a segunda temporada de "Rutas Bizarras", programa no que amosan lugares menos coñecidos e tamén se dan homenaxes culinarias.

Tamén parolamos con el de acentos, de falar castelán para traballar, de Fariña, de Catro Gatos e facer humor doutro xeito, de onde queda o humor hoxe en día e dunhas marionetas con rostro político que se perderon hai tempo.

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

 

Co patrocinio de PuntoGal e Deleite.

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.