Café Derby 21. Patri e Veva, mulleres creativas e os colares de neta e avoa

Nesta nova onda de atender á tradición pódese caer no risco de esquecer a historia máis aló do estético e do artístico. Sen o trasfondo humano de quen crea non hai renovación posible. Por iso esta semana achegámonos ao oficio tradicional das colareiras dun xeito especial.

En riguroso directo desde o auditorio do Grove e como parte do festival Mulleres Creativas 2022 do colectivo Grovemakers, Café Derby 21 recibe a súa convidada máis lonxeva ata a data: a colareira octoxenaria e estrela de TikTok Veva, e tamén a súa neta e compañeira de aventuras Patri B. Dopazo, comunicadora e colareira.

Xunto a elas falamos do seu oficio, de como se realiza e as súas orixes, de clandestinidade e resistencia, de turismo, de memoria histórica, dos materiais para facer colares. Tamén parolamos de achegarse ás redes para divulgar, das megaindustrias que devoran a tradición e quedou tempo para algunha que outra cantiga.

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

 

Co patrocinio de PuntoGal e Deleite.

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.