Café Derby 21. O Aquele, deixar YouTube e o feliz mércores de Piolín

Internet aínda non é o suficientemente vella como para que se xubile a xente que vive grazas a ela. Non falamos de informáticos ou enxeñeiras, senón diso que agora chaman creadores de contido. Así como as estrelas do fútbol ou o cine se retiran, tamén nalgún momento esa xente que sae en YouTube debe facelo.

 

Para falar sobre pegadas dixitais e xubilarse da internet contamos con Miguel Silva Conde, anteriormente coñecido como O Aquele, un dos principais nomes da comunidade galega en YouTube e nas redes.

 

Agora faise chamar ás veces Don Miguel na súa nova etapa como mestre, por iso parolamos sobre envellecer, os memes de Piolín e a mocidade que vén. Ademais comentamos as nosas experiencias seguindo os consellos dunha falsá gurú en nutrición e por qué os discursos sobre corpos válidos son tan necesarios.

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

 

Co patrocinio de PuntoGal e Deleite.

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.