Podcast

Café Derby 21. Nee Barros, linguaxe e vomitar na selectividade

A xestión dos nervios é unha desas cousas persoais que debemos respectar uns dos outros e, en certo modo, entrenar e dominar. É útil para cando toca, que sempre toca, iso é inevitable. Non saber xestionar ese estrés ou angustia ou bule-bule no corpo pode dar en consecuencias físicas.

 

A persoa convidada esta semana disto sabe un pedazo. Primeiro, porque viu alguén vomitar dos nervios. Segundo, porque parte do seu recoñecemento público é a elaboración de contido para estudar galego na selectividade. Elu é Nee Barros, dramaturgue, autore e youtubeire e parte dunha nova xeración creadora en Galicia.

 

Con Nee tamén falamos de linguaxe, de mudanzas, de rachar con vellas ideas, de adaptación aos tempos ou da necesidade de ser respectado como minoría polos grupos de poder. Tamén tivemos tempo para reflexionar sobre a importancia de sentirse representado non só diante das cámaras senón tamén na parte creativa.

 

Pechamos o programa lembrando a selectividade e achegándonos a unha cita complexa para quen a vive. Un momento divisorio, sen dúbida. 

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

 

Co patrocinio de PuntoGal e Deleite.

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.