Podcast

Café Derby 21. Ismael Ramos, amizade e o Chanel de Marge Simpson

Ah, a amizade! Que bonito concepto tan difícil de explicar pero que a maioría da xente, por non decir todo o mundo, ten experimentando algunha vez na vida. Segue sendo un dos grandes misterios do ser humano explicar o por que dese gregarismo, desa necesidade do outro, da compañía.

 

A amizade leva inspirada moita arte, desde cadros a cancións, pero todos temos próximas as series de televisión. De feito, da amizade hai moito dito pero tamén moito silencio arredor das partes escuras. Para esclarecer un pouco e perfeccionar o que é un amigo ou amiga, contamos hoxe co poeta Ismael Ramos, que vén de publicar a segunda edición do seu libro Lixeiro, no que a amizade xoga un papel central nos temas dos seus versos. De feito, inspírase nos seus propios amigos.

 

Xunto a el tamén falaremos de clase social, o valor simbólico do iPhone, a repercusión xeracional de que Marge Simpson reciclase un Chanel, de como introducir a una parella nun grupo de amigos e sobrevivir sendo o amigo solteiro do grupo, de como a soidade gaña terreo segundo pasan os anos e ademais engadimos apuntamentos sobre por que a frase «Vouche presentar a un amigo que tamén é gay» está mal, bastante mal.

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

 

Co patrocinio de PuntoGal e Deleite.

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.