Café Derby 21. Carolina Iglesias, válidas e chistes de mariquitas

Ás veces o bo tarda en chegar e o programa desta semana é a proba diso. Logo de varios intentos, logramos reunirnos no programa cunha estrela do presente e do futuro: Carolina Iglesias‼️

 

A semana pasada recibiu xunto a Victoria Martín o premio Ondas a mellor podcast nacional por «Estirando el chicle», xusto no día que íamos gravar. De feito Carles Francino roubounos a exclusiva pero non lle gardamos rencor. Iso non nos impediu preguntarlle a Carolina por ese galardón, agora xa con máis reflexión, e xunto a ela quixemos abrir varios melóns: a validación externa, atopar empatía e comunidade nos discursos de outros, a visibilidade do diferente, o humor e as súas consecuencia, chistes de sogras, a nostalxia tóxica ou por que se empeñan en facer remakes sen sentido de cousas vellas. Pero o certo é que falar, falamos de moitas tantas cousas.

 

E non, este podcast aínda non ten un Ondas, pero se facemos que un programa en galego entre nunha desas listas importantes lanzaríamos unha forte mensaxe, non si? 🤔 Comparte e fai ruído!

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana.

Tamén che interesa

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.