Café Derby 21. Carlos Meixide, literatura erótica e o touro de Joselito

Que ler é un pracer (a quen lle guste), xa o sabíamos. É un pracer que enriquece, do que te levas algo. Xeralmente en todos os días placeres te levas algo: o gozo. Hai que reivindicar tamén esa literatura que non quere ser intelectual, que quere divertirse e facer de ti alguén máis entretido.

 

Parolamos xunto ao xornalista e escritor Carlos Meixide deste tipo de lecturas, e en especial da literatura erótica como fenómeno. Tamén repasamos a súa obra, con especial fincapé na súa particular aproximación a obras para a mocidade.

 

Tamén falamos de autoeditarse, de pasear por feiras vendendo libros, da súa editorial Rodolfo e Priscila xunto a Berta Dávila, do seu rol como coach de acento xunto a Inma Cuesta ou Aron Piper e, por suposto, do seu paso por concursos de televisión.

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

 

Co patrocinio de PuntoGal e Deleite.

Tamén che interesa

  • Café Derby 21. Alfonso Zarauza, Malencolía e os premios decapitados

    Pensamos moitas veces cando vemos entregas de premios ou medallas canto pesará iso que dan. Canto pesa iso? É fráxil? De que está feito? Bueno, hai galardóns de quilos, outros que valen moito pero son case invisibles, polo tanto moi lixeiros. Así arrincamos a conversa co cineasta Alfonso Zarauza esta semana, cun dos seus premios decapitado porque escachou. Era, polo tanto, pesado e fráxil. Zarauza estrea esta semana Malencolía, o seu novo filme tras o éxito de Ons.

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.