Café Derby 21. Alfonso Zarauza, Malencolía e os premios decapitados

Pensamos moitas veces cando vemos entregas de premios ou medallas canto pesará iso que dan. Canto pesa iso? É fráxil? De que está feito? Bueno, hai galardóns de quilos, outros que valen moito pero son case invisibles, polo tanto moi lixeiros. 

 

Así arrincamos a conversa co cineasta Alfonso Zarauza esta semana, cun dos seus premios decapitado porque escachou. Era, polo tanto, pesado e fráxil. Zarauza estrea esta semana Malencolía, o seu novo filme tras o éxito de Ons.

 

Con el parolamos sobre eses outros pesos indeterminados da vida, que trata a película, como as mudanzas de fogar, os estereotipos, a identidade galega ou o recoñecemento. 

 

Tamén tivemos tempo para repasar os inicios de Diego Anido, a carreira de Zarauza con Encallados ou Os Fenómenos, a vida como xurado de festival, a marxinación do cine galego en España (que non no mundo) ou o equipo polo que Oliver Laxe canta os goles.

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

 

Co patrocinio de PuntoGal e Deleite.

Tamén che interesa

  • Ons. Segredos na illa de Alfonso Zarauza

    Desde hai pouco tempo a denominación “novo cinema galego” deixou de ser unha simple descrición para converterse nunha corrente real e tanxible. Para quen non estea ao tanto da súa existencia, a primeira pregunta que xorde ao escoitar o concepto é se realmente existe. Tras o visionado de Ons, a última película de Alfonso Zarauza, xa non cabe ningunha dúbida dos elementos que conflúen na aceptación desta realidade.

    Cinema

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.