Podcast

Café Derby 21. Alba Doval, os non lugares e ir de "resort"

En cantas casas fixeche vida? Digamos, cantas habitache? Transformáronse en fogares? Foron espazos de dor e trauma ou de felicidade? As casas, como concepto, son un conxunto de valores e significados no que conviven as familias, os medos, os caseiros e os demos no corredor a escuras.

 

Sobre a importancia dos fogares e lugares vitais parolamos coa poeta e tradutora Alba Doval, que vén de publicar o poemario 'Unidade' (Rodolfo e Priscila), no que reflexiona arredor dos non lugares e os espazos que vertebran a nosa vida para ben e para mal.

 

Tamén falamos sobre as primeiras veces, a existencia ou non das vacacións, dos pisos universitarios, que tipo de viaxes e turismo nos gustan máis, de voltar ao fogar dos pais ou dun edificio de Le Corbusier en Marsella. 

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

 

Co patrocinio de PuntoGal e Deleite.

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.