"Buah!". Novo tema e vídeo de Cró!

Cró!, a banda saída do colectivo Metamovida, lanza 1 de setembro un novo sinxelo, "Buah!",  o primeiro tema do que será o 6º album dos vigueses, que tras máis de 10 anos xuntos seguen a experimentar as posibilidades do rock. A canción fai parte do recompilatorio 'Grados. Minutos. Segundos' no que o selo gaditano Spinda Records fai unha viaxe sonora que conecta 24 bandas españolas en plena efervescencia (e do que xa presentamos a "Muiñeira da Maruxaina" de Moura). 

 

Tal como explican os propios Cró!, «'Buah é unha palabra utilizada para expresar asombroso, unha especie de WTF curto. "Buah!" describe unha viaxe de risa psicodélica durante unha (quizais varias?) noites con diferentes paradas e sentires que se axustan á música e viceversa. Representa bastante ben o momento da banda onde as múltiples influencias aparecen por todas partes apoiando a propia creatividade da banda; todo parece posible dende a clásica ou electrónica ata o Forest Doom ou a Risa Construtiva. Todo isto podería resumirse dicindo: "Buah, qué movida neno!"». 

 

O vindeiro 11 de setembro presentan en directo este novo single en vinilo no REVOLTALLO XXVIII. 

Créditos

Música: Cró!  (Rubén Abad, Xavier Bertolo, Cibrán Rey, David Santos)

Tema gravado, mesturado e masterizado por Pablo Iglesias en Radar Estudios (Vigo) 

Video e visuais: Borja Bernárdez 

Producidio por Producciones Infames 

Gravado no Teatro Albeitar (León)

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.