A Ukestra do Medio presenta o videoclip de 'Enchoupado de amor'

A Ukestra do Medio lanza o terceiro tema do disco Outras Lérias en formato audiovisual cun videoclip no que confían outra vez no director Aarón Vilariño. "Enchoupado de Amor" é unha música de onda surf intimista que fala «de umha relaçom sincopada e de decisons viscerais e precipitadas. Como todas as histórias de amor, é capaz de estar baseada em feitos reais». O vídeo foi gravado no Concello de Valdoviño e maioritariamente no lugar e na surfeira praia de Pantín. 

Créditos

Director: Aarón Vilariño

Actor: Rubén Montero

Actriz: Sara Piñeiro

Uke tenor e voz: Fon Collazo
Uke tenor e coros: Sara Piñeiro
Uke de concerto e coros: Kátia Mera
Uke barítono e coros: César Parcero
Baixo acústico e coros: Alberte L.C.
Caixón e coros: Yolanda Porto

Audio gravado no Laboratório Soyuz por Xurxo Pinheiro e Hevi - Febreiro 2020.

Mesturado por Xurxo Pinheiro.

Masterizado por José Martinez en Bonham Studios.

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.