Música

A mística das texturas sonoras de Mel mesturada con flores

Mel, o trío que conforman Lucas de Centi e Sandra Pérez de Néboa e a portuguesa Raquel Pimpão de Femme Falafel, segue presentando adiantos do seu novo disco, A caixa e a chave. Esta canción, "Ab-" vén acompañada dun videoclip de Aldara Pagán que recolle a mística das texturas sonoras que está presente na natureza. 

 

Entre a electrónica experimental e a música neoclásica, Mel emprega neste tema marimbas, vibráfonos, programacións, sintetizadores e pianos clásicos. Todo mesturado con texturas que collen doutros artistas como Kanye West, Whitney Houston ou Four Tet para crear unha combinación de xéneros e mundos sonoros que os achegan tamén á música industrial, ao r&b ou incluso ao hip-hop.

Créditos

"Ab-" é unha cantiga de Mel incluída no seu próximo disco, A caixa e a chave

Gravada por Hevi no Laboratorio Soyuz e Lucas de Centi en diversos estudios caseiros. 

Mesturada por Hevi e masterizada por Cem Oral. 

Producida por Lucas de Centi e Femme Falafel. 

 

Videoclip creado por Aldara Pagán. 

Edición: Adrián Canoura. 

Revelado: Álvaro Feldman. 

Dixitalización: Borja Rodríguez.

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.