Santiago

  • O que poderás ver no Planeta GZ de Curtocircuíto

    Boa parte dos autores e autoras seleccionados este ano para a sección Planeta GZ de Curtocircuíto repiten neste festival, ao que traen a súa nova fornada de curtas, moi diversas en canto a estilos e orientacións temáticas. Mais un dos aspectos que une a estes creadores e creadoras  é a xuventude. Case todos, nados nos anos 90. Nesta reportaxe presentamos estas pezas, guiándonos polo que autores e autoras nos contaron delas.