VINTE adianta o novo de Zeltia Irevire “As Mouras” do Courel danzan e claman pola natureza

VINTE adianta en exclusiva o videoclip da nova canción da banda Zeltia Irevire,  "As Mouras". O traballo audiovisual foi filmado nas paraxes naturais do Courel. Neste tema o trío formado Zeltia Acuña (compositora da canción), Miguel Carballido Cernadas e Cibrán Seixo Pazos mestura folk acústico con texturas electrónicas suaves, creando unha atmosfera íntima con moita forza e sensibilidade. 

A canción naceu tras os incendios forestais do 2022 que afectaron e puxeron en perigo a moitas aldeas do Courel e a un dos bosques autóctonos máis antigos de Galicia, a Devesa de Rogueira. A letra, segundo explican desde a banda, é unha reflexión introspectiva sobre como o noso xeito de vida fainos non escoitar e pasar por alto a fraxilidade da paisaxe e a necesidade de protexela. Reivindica a figura das “Mouras” como as gardiáns dos bosques e como guías espirituais daquelas persoas que defenden a terra. Foi rodada na contorna da aldea de Vilamor, a Cova da Moura, a fervenza do Rexio e o Val das Mouras, entre outras localizacións.

As Mouras son espíritos femininos fortes que, segundo a tradición, habitan os ríos, os montes e os penedos. A canción fálanos dun territorio onde a natureza, a memoria e o mito conviven, cun videoclip asinado por Bruno Pierucci onde destaca a interpretación das profesionais de danza contemporánea Ari Vázquez e Skío Carral.

Créditos

Música e idea orixinal: Zeltia Irevire

Gravación e edición: Cibrán Seixo Pazos

Composición e letra: Zeltia Acuña

Produción: Cibrán Seixo Pazos

Coprodución: Migui Carballido e Zeltia Acuña

Mistura: Virgilio Fernández Jiménez

Máster: Pancho Suárez de Lis ‪@PlantaSonica 

Unha produción audiovisual de: Blue Cherry ‪@bluecherry_media 

Dirección audiovisual: Bruno Pierucci ‪@bror31 

Cámara, editor e colorista: Bruno Pierucci ‪@bror31 

Danza: Ari Vázquez e Skío Carral

Actrices: Carmen (Cova da Moura) e Sandra da casa dos Poles

Vestuario: Ari Vázquez e Mai Vintage

Tamén che interesa

  • Vinte na vila

    Vinte en Folgoso do Courel: “Se se esgota un plan de vida, tes que inventar outro”

    Había moitas pingadas na estrada, sinal de que chegaramos ao Courel e de que estamos no tempo grande da castaña. Case non parou de chover en todo o día, pero todo o mundo nos dixo que estabamos alí na mellor época. Pódese ir ao Courel en calquera momento do ano, pero hai que volver no outono. 

    Nesta nova entrega do Vinte na vila percorremos Folgoso do Courel un 31 de outubro. Mel, castañas, doces, turismo rural, a gandeiría e mesmo o blues e o jazz mestúranse nesta reportaxe audiovisual co son da chuvia, e as voces dos protagonistas que nos falan desde o seu lugar: "Decateime de que vivimos no ceo aquí". 

    VINTE na vila

    Coa colaboración de

  • Entrevista | De Ninghures: «A nosa música axuda a que a xente diga "que guapa é a miña cultura"»

    Apoteósico, unha pasada, brillante, unha feira, pero no bo sentido da expresión, claro. Hai case un mes que De Ninghures presentou o segundo disco, Feira, cunha gran festa chea de amigos na Sala Capitol de Compostela. Aínda coa doce resaca daquel momento falamos con Aldara Palmeiro (violín e voz), Manuel Fernández Cataqui (percusión, frautas e voz) e Hadrián García (clarinete e duduk) do seu disco máis desinhibido ou do gran momento da música galega en galego.

     «A xente hoxe en día non sabe moi ben nin de onde ben e de súpeto coñece música de aquí e decátase de que é o seu. É un tipo de música que te engancha dun xeito especial. Séntela como propia, ademais de bailar duramente», conta Cataqui. 

    Música
  • Alana propón unha ‘rave tradi’ con “Vilardevós”

    A mestura da música tradicional con ritmos de base electrónica e pop é un dos principais sinais de identidade de Alana, que ultima o lanzamento do seu segundo disco. De momento, este venres xa coñecemos “Vilardevós”.

    A canción parte dunha recollida a unhas veciñas de Terroso, unha parroquia do municipio ourensán da comarca de Verín. O ambiente festivo e o balbordo que se percibe no propio arquivo orixinal inspirou a creación da peza audiovisual. Unha sorte de rave tradi coa participación das Pan Sen Fron, que mestura alegría e celebración nun xogo entre o pasado e o presente.

    Música
  • As Tanxus, Bad Bunny e o ‘valor’ da identidade

    Di a música e antropóloga galega María Xosé Silvar, SÉS, con todo o sentido do mundo, que “mainstream disidente” é un sintagma paradoxal en si mesmo. Na música poucas cousas hai na actualidade máis mainstream que o reguetón e precisamente por iso resultou tan rechamante a mensaxe deixada por Benito Antonio Ocasio Martínez, Bad Bunny, no seu show do intermedio da última Super Bowl. A cultura, como a lingua, é unha arma, unha ferramenta de batalla das ideas que tamén utilizan as forzas políticas para “facer comunidade” e as artistas hai tempo que non poden esquivar posicionamentos ideolóxicos.

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.