Måi enche de luz o dó con "Altair"

"Altair" é unha canción de Måi que forma parte do seu novo álbum Nigredo, escrita por Iseo Agilda e Tomás Ageitos, con Margarida Mariño ao cello e a masterización de Dr Chou. Judith Adataberna dirixe este videoclip «traendo á luz o que só existía entón como unha idea e un son».

"Altair" é un tema moi especial para Iseo, a voz da banda Måi, que o escribiu como un proceso catártico no que afondaba na relación coa súa nai durante o dó polo seu pasamento. «É unha canción chea de melancolía, de amor, de luz. E para expresar esa emoción e esa luz, contamos co talento de Pablo Kauffman na dirección de fotografía, que conseguiu unhas atmósferas moi expresivas e emocionantes, dando lugar a un vídeo cheo de maxia e moi evocador», explican. 

Actuarán en directo este venres 24 na Gentalha do Pichel, en Santiago de Compostela; o 1 de abril na Festa da Chuvia en Rianxo; e o 2 de abril na Arca da Noe, en Vilar de Santos.

Créditos

Idea orixinal e dirección - Judith Adataberna 

Dirección de fotografía - Pablo Kaufmann 

Estilismo e maquillaxe - Graciela Ramil 

Vestiario deseñado por Irina Gaidai, da colección "Chaperon Rouge" 

Edición e cor - Judith Adataberna 

Asistencia técnica - José Vázquez Cordón

Asistencia técnica e máquina de fume - Marta Ferrer Ucelay 

Actrices - Maria Eugenia Alvariña Meira e Iseo Agilda 

Loxística - Iseo Agilda

Produción - Judith Adataberna

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.