'Inhumar'. Un vídeo ensaio sobre a tumba de Chano Piñeiro

O crítico de cinema Brais Romero fixo este videoensaio que publicamos nas vésperas de Defuntos. Así o presenta el: 

«Enterrar a momia de Chano Piñeiro. Así titulaba Marcos Nine un dos máis necesarios e descoñecidos textos sobre cinema galego. Descoñecido ata o punto de que eu teño unha copia en .pdf que, a día de hoxe, non sei de onde saquei. O texto fai fincapé nunha idea case prohibida no cinema galego: a autocrítica. Un cinema onde todos os filmes dos nosos cineastas son incribles e onde atopar unha mala crítica sobre un deles é como atopar o Santo Graal. 

‘Inhumar’ é o contrario a isto. É unha exploración que hibrida ficción e bibliografía. A través dunha voz off repasamos a memoria de Chano Piñeiro, cineasta convertido en monicreque que se pode empregar para defender calquera interese concreto. Inhumar reflexiona sobre o dereito ao esquecemento e a necesidade de avanzar e actualizar os referentes, deixando atrás modelos caducos que, a día de hoxe, non ten sentido conservar.»

Créditos

Autor: Brais Romero

Tamén che interesa

  • Arquivar. Un vídeo ensaio contra o esquecemento visual

    Na actualidade, Galicia está a vivir un esquecemento visual. Contrapoñendo o contexto dixital actual e as imaxes de arquivo, este vídeo ensaio de Brais Romero quere interpelar a autores, políticos e tamén espectadores a participar dunha posta en valor do patrimonio propio. 

  • A danza filmada. Un video-ensaio de Lucía Estévez

    Estreamos este videoensaio de Lucía Estévez (Vigo, 1994), que acompañamos destas palabras da autora:«Primeiro bailar. Despois o cine. Estou cansa de intelectualizar absolutamente todo. Querería ter a autodisciplina que ten unha bailarina pero me conformo con observar dende a cámara e aprender. Despois de investigar e estudar tamén grazas a este videoensaio, A danza filmada, chego á conclusión de que non quero falar de danza sen falar do bailarín. Pensar na danza en Galicia é pensar en todas as persoas que de maneira individual, directa ou indirectamente, teñen que ver con ela. É unha mágoa non coidar a tradición e a evolución da mesma para así resaltar a importancia que ten a danza aquí a nivel social.»

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.