“Alvorada”, melodías profundas do inverno no debut de Peitoescuro
Peitoescuro vén de estrear o seu sinxelo e vídeo debut, “Alvorada”, adianto do que será o seu primeiro disco longo, que verá a luz a mediados de ano, e que conta coa produción musical de Iago Pico e a dirección de Alex Baena.
Dan man de A Regueifa Plataforma traemos esta proposta musical que se pode enmarcar no neo-tradi pero que non se asemella a nada.
Do máis profundo da serra baixan melodías de inverno, cantos para avivar ó lume, espantando o frío e quentando o corpo nas mañás de xeada. Cantos que, ao camiñar, embravecen ríos e fan galopar guitarras, espertando e atraendo ás deusas vellas; deusas que ten algo que dicir aínda que as tentemos evitar con amuletos que cremos sagrados. “Alvorada” conta a historia dun labrego solitario e a súa convivencia cos espíritos dun rural ferido que se cubre de hedras para atopar a semente do seu renacemento.
Esta obra forma parte dunha triloxía que se irá desvelando ao longo deste 2025 e que marcará a liña estética de todo un proxecto cuxo espectáculo en vivo comezará a xirar por Galicia a partir do mes de abril, coincidindo coa segunda entrega da triloxía.
Créditos
Dirección: Alex Baena
Canción orixinal “Alvorada”: Peitoescuro
Recording musical: Aroxiae Produción musical: Iago Pico+Aroxiae+Peitoescuro Guión: Alex Baena+Mel de Queirúa+Arquímedes
Reparto:
Paisano: Peitoescuro
Espírito do Bosque: María Rojo
Produción: Noelia Sánchez, María Rojo
Maquillaxe e Perruquería: Eva de la Church
Cor: José Ibáñez
Dirección de Fotografía e Edición: Alex Baena
Agradecementos: Diego Soto, Pablo da Labrada, Iago Rubio, Pablo Pita, Perla e Hipe.