Co patrocinio de

VINTE na rede

Benidorm Fest. Así se viviu en Twitter a actuación de Tanxugueiras na semifinal

Tanxugueiras foron trending topic e, con elas, #Galicia, #tongo e a nosa vella amiga a  #aldraxe. Á falta de ver que acontece coa segunda semifinal e se o sábado é posible manter algunha opción para que “Terra” represente a España en Eurovisión, aquí vai unha crónica da semifinal que uniu os galegos nun só equipo. 

  • Café Derby 21. Sonia Méndez, Luz Fandiño e hackers de punto de cruz

    A directora, actriz, produtora… ben, a 'cineasta 360' Sonia Méndez coñeceu a poeta Luz Fandiño e soubo que debía captar a súa historia, a dunha lenda de 90 anos con moitos matices. Tomou a cámara e fixo o documental 'A poeta analfabeta'. Con ela falamos do difícil que pode ser xerar confianza ou do dura que chega a ser a verdade. Pero tamén tivemos tempo para parolar sobre o Carballo Interplay, as webseries, a creación en Internet… unha morea de cousas das que sabe moito pola experiencia. A mesma experiencia que ten como autónoma e emprendedora, esa maldición que tivemos oco a criticar.

  • Estreamos en exclusiva 'Festival', o novo tema e videoclip de La Quinkillada

    La Quinkillada é a banda que formaron Rodri Martínez, Yago Oliveira, Fino, Suso PF, Byktor G., Daniel Acuña e Valverde como resposta artística ao confinamento da pandemia. Comezaron facendo gravacións domésticas con versións de temas coñecidos e agora presentan esta nova formación que busca «a sinerxia entre a maxia da verbena galega e a forza dun festival con toda a frescura dunha banda nova, mesturando ritmos latinos coa rumba máis quinki». 

  • Música

    Vinte anos dun milagre chamado Apeiron

    Dúas décadas despois da publicación do único LP de Apeiron, a lembranza daquel disco fainos pensar na orixinalidade de certos actos artísticos que, lustros despois do seu nacemento, seguen mantendo o misterio da súa fórmula. Para tentar entendelo, poñémonos en contexto.

  • Lucía Freitas, alta cociña e os guisos que fan chup-chup

    O gusto é un arma de dobre filo, un camiño directo ao corazón pero tamén ao fracaso. Para falar de cociña, o oficio do gusto, contamos con Lucía Freitas, chef de A Tafona, Lume e gañadora dunha estrela Michelin e dous soles Repsol.Na sús compañía repasamos a súa traxectoria vital, achegámonos á alta cociña pero tamén á tradición e á xestión emocional que supón traballar a tanta presión, pasando tamén pola paridade e igualdade.

  • VINTE na rede

    Wordle e máis alá. O triunfo dos xogos casuais coa lingua

    Os xogos casuais na redes viven un momento dourado, especialmente os relacionados coas palabras. Xogar co móbil en solitario, en grupo ou con alguén en remoto, vai formando parte das nosas rutinas e é tan divertido como compartir o resultado por whatsapp ou nas redes. 

    Co patrocinio de

  • 'Por última vez'. Ataque Escampe estrean unha versión da canción que levou Ana Kiro ao Festival de Benidorm en 1967

    Agora que o festival de Benidorm volve ser algo do que falar, e ademais coa impoñente presenza galega de Tanxugueiras, non vén mal recordar que a Máis Grande, Ana Kiro, estivo alá no ano 1967 cun temazo pop titulado 'Por última vez'. Ataque Escampe non o tiñan esquecido e quixeron facerlle esta homenaxe cantando en galego a canción, como parte do proxecto Puro Deleite, un recompilatorio de versións de clásicos da canción galega feitos por artistas actuais que impulsa Deleite. 

  • Podcast

    David Gesteira, falsos mitos e xubilados estudando Historia

    Para romper mitos como o celtismo ou o escurantismo da Idade Media, contamos con David Gesteira, historiador e divulgador que traballa noutro podcast en galego: Descifrando a Historia. Con el rachamos ideas establecidas, afondamos no que significa a representación na Historia ou do uso ideolóxico de certas cousas que non son nin Historia, como moito lendas ou bulos.

  • Música

    FOTOCOPIA. Ataque frontal

    A publicación de ‘Demo’, o EP posterior a ‘Alan Turing’, confirma a FOTOCOPIA como a proposta máis visceral e sustanciosa do post-punk electrónico estatal. A mesma que se suma a un rexurdimento desta rama, con outros grupos como VVV, xusto agora que Fasenuova decidíu rematar o seu camiño.

  • Podcast

    Café Derby 21: Triángulo de Amor Bizarro, bandas de rock e o Gran Hermano galego

    Para rachar coa idea de clásicos e de lendas do rock esta semana contamos con Isa Cea, membro de Triángulo de Amor Bizarro, unha banda definitoria no rock e música alternativa en Galicia e no panorama español. Falounos da súa traxectoria e os inicios, desas guitarras golpeadas sen tino e da pouca fe na súa contorna sobre o futuro da banda. Tamén nos desvela a Los Jíbaros, ese estado previo a Triángulo que puido ser e non foi.

  • VINTE na rede

    Os mellores momentos da internet galega en 2021

    Comezamos este ano facendo balance das case 4 décadas de historia da internet en Galicia e unha reflexión sobre o momento actual, e rematado case 2021 temos que seguir falando de maduración e de pequenos e grandes fitos que segue a conquistar a creación de contidos no noso espazo dixital. Imos darlle un repaso aos que máis nos chamaron a atención. 

    Co patrocinio de

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.